viernes, 24 de enero de 2014

O vindeiro 30 de Xaneiro vaise a celebrar o Día da Paz, por eso que mellor maneira de celebralo cantando todos/as xuntos unha canción.
Aquí vos deixo a canción "A cantarela dos nenos

"https://www.youtube.com/watch?v=Cr2LisF28PE

viernes, 10 de enero de 2014

BENVIDOS DE NOVO TROTAMUSICOS!!!

Como se adoita decir, ano novo vida nova, nós diremos ano novo e máis música! Cargade as pilas porque en breves comezaremos a traballar para que a música sexa parte indeispensable nas nosas vidas.

Aquí vos deixo un enlace dos beneficios que ten a música nos nenos/as.
http://www.guiainfantil.com/servicios/musica/beneficios.htm

sábado, 21 de diciembre de 2013

NORABOA A TODOS OS NENOS E NENAS POLA GRAN ACTUACIÓN NO FESTIVAL DE NADAL!!!
E agora a disfrutar destas festas, que ben merecido o tedes!!

BOAS FESTAS E FELIZ ANO 2014!!!!!!!

martes, 17 de diciembre de 2013

E como non podía ser doutra forma, os mestres e mestras do CEIP Labarta Pose, tamén van a facer a súa actuación, hai que predicar sempre co exemplo!
Levan moitos meses ensaiando a panxoliña venezolana "Mi burrito sabanero", unha divertida e animada panxoliña que sorprenderá a todos os asistentes ó Festival de Nadal do CEIP Labarta Pose.
E para despedirnos deste ano, deixámosvos a panxoliña "Mi burrito sabanero". BO NADAL E PRÓSPERO ANO NOVO!!!!!
E por último os Trotamúsicos de 6º, interpretarán "ArreburriQUENN", unha versión da gran coñecida canción "We will rock you" da banda inglesa Quenn, coa letra da panxoliña "Arreburriquito".


E os músicos de 5º curso, interpretarán cós instrumentos de percusión a coñecida "Marcha Radetzky" de Johann Strauss (padre), escrita no ano 1848. Foi composta en honor ó mariscal de campo austríaco conde Joseph Wenzel Radetzky, que nunha serie de victorias, salvou o poderío militar de Austria no norte de Italia durante a revolución de 1848-49.
Actualmente, a Marcha Radetzky debe a súa popularidade a que é a peza coa que acaba o Concerto de Ano Novo de Viena. Durante esta última obra, a audiencia aplaude ó compás e o diretor vólvese para dirixir ó público en lugar de facelo á orquestra.
Os nosos Músicos de 4º vannos a bailar un dos vals máis famosos e populares da historia da música clásica, "O Danubio Azul" do compositor Johann Strauss (fillo) e composto no ano 1867 en Viena (Austria).
As connotacións sentimentais vienesas convertírono no segundo himno nacional austriaco e é un dos "bises" indiscutibles do Concerto de Ano Novo de Viena.